17102019Jue
Última edición: Mié, 16 Oct 2019 8pm

Abel Caballero fixo este luns balance do turismo en Vigo durante o primeiros seis meses do ano e destacou que tanto xuño como este período completo foron "históricos".

Ninguén esquece a súa visita a Galicia, unha terra que ofrece experiencias de todo tipo e que non se poden atopar noutros lugares. Sirva de exemplo o Camiño de Santiago, que move máis 300.000 peregrinos nos seus nove itinerarios por territorio galego, e o conxunto da comunidade está recibir xa máis de cinco millóns de viaxeiros nun só ano. Atractivos non lle faltan, pero tampouco orixinais experiencias turísticas para gozar dos recursos galegos tanto de costa como de interior, dun xeito sustentable e respectuoso co medio.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu este venres os datos das estimacións de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra para o verán de 2018, que sinalan que, mentres que “de media na provincia superaremos o 80%”, no caso da comarca de Vigo as estimacións sitúanse en torno ao 90%, isto é, preto de 10 puntos máis que a media provincial.

Abel Caballero informou este xoves da adxudicación do contrato de promoción turística que permitirá, entre outras accións, a conexión de Vigo cos catro destinos con Air Nostrum. O contrato, con vixencia ata 2020, presenta un importe de 3.365.000 euros.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada provincial Digna Rivas presentou este martes no Teatro Circo da cidade portuguesa de Braga o destino #PontevedraProvincia e a campaña de promoción turística ‘Somos historias’, na que as Rías Baixas teñen un papel protagonista.

cine

economía

economía