23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 5pm

Afundación acogerá desde el próximo lunes 10 de diciembre al viernes 14 de diciembre y el lunes 17 de diciembre, en dos funciones a las 10.00 y a las 12.00 h, la representación de la propuesta teatral de Tanxarina, 'A galiña azul'. El Auditorio del Teatro Afundación de Vigo contará con la asistencia de más de 4400 escolares procedentes de 52 centros educativos de Vigo y alrededores.

Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán (maio, 1954) é un dos veciños de Redondela máis coñecidos. Actor e, sobre todo, titiriteiro, abrirá este luns o Festival de Títeres de 2016 cun concerto de presentación do seu primeiro e único disco 'Chapeu'. Porque, pasados os sesenta, quixo facer cd e dará un concerto na súa vila o que implica estar "feliz e contento". 

¿Este ano ten moita presencia no festival con concerto e actuación de Tanxarina?
A presencia é algo que coincide porque son titiriteiro e, como presentei o disco en xaneiro, quixeron que inaugurar o festival co concerto e eu estou moi contento porque é a miña vila, onde nacín. Sae un pouco do mundo dos monicreques, pero as cancións están relacionadas co mundo teatral e todo vai ligado. É unha necesidade que tiña de contar, a través da música, as letras que fun escribindo na miña etapa como titiriteiro.

¿Vostede fai de todo?
Xa tiña os meus 'pinitos' na música con Igualdeixa en Redondela xunto con Tejo, Fon, Castillo, Mingui, Jando... Xuntabámonos e cantabamos. Eu, coa miña sapiencia musical, axudaba coas letras. No caso de 'Chapeu', quixen illarme un pouco do entorno de Redondela e facelo fóra. O fixen con Pablo Vidal, que é un contrabaixista moi recoñecido. Sacamos o disco e quedamos moi contentos. Xa teño en mente ó segundo. Teño algunha letra, xa. E iso que non contaba.

¿Está nunha etapa que fai o que quere?
A verdade é que no teatro podes facer o que queres. A nivel persoal non é tan doado. Manter unha empresa como Tanxarina, que somos tres, Miguel Borines, Ándres Giráldez e eu, máis Ana Bea, que está na oficina, supón un esforzo empresarial e manter a cabeza ocupada. Ó mesmo tempo, dende o punto de vista artístico, acontece que tes gañas de facer outras cousas e sucede. Por exemplo, facer concertos. Soamente tiña a intención de sacar o disco, pero despois a vea artística xurde e queres contalo en directo ó público. Miguel e Andrés agora están en Serramoura na televisión. Sempre nos apoiamos de xeito natural entre nós. Un di apetéceme facer isto e ten vía libre. Somos autónomos e temos un grado de autonomía e, ademais, cando estamos fóra temos que apoiarrnos. Quen queira facer outra cousa, que poida facelo.

¿Supón máis responsabilidade dar un concerto ante un público que coñece ó 99%?
Moitos xa me coñecen hai moitos anos dos meus comezos. Agora estou un pouco máis maior e paseime do Rock ás habaneras, ó fado, ó swing... Cada vez que actúo en Redondela atópome moi feliz e contento. Non teño medo ningún. Incluso os erros que poden acontecer durante o concerto os incorporo para sobreentender que estou contando cousas a miña xente. Por iso non sinto nervios. Responsabilidade teño toda, que todo saia ben, que os músicos cheguen a tempo, que o son funcione.

¿Cambia actuar en Redondela?
Atópome como na casa. Como estar nunha festa con amigos que cantamos. Fóra é distinto, xa fixen algúns concertos en Santiago, Portugal e Narón. Estivemos todos moi contentos e saíu ben. Despois, o que son táboas no escenario xa levo 33 anos e é algo que axuda. Actúo case todos os días e son públicos diferentes. Este disco, Chapeu, ten unha historia moi teatralizada e podo aproximarme ó meu campo. Algunhas cancións case son faladas, cantadas pero moi interpretadas. Axuda moito e creo o meu estilo.

tatan 42

O martes toca representar Titiricircus en Redondela. Unha obra que puideron ver todas as xeracións de redondeláns.
Hai un programador en Verín que di que vai a levar Titiricircus cada catro anos porque afirma que cada xeración ten que ver este espectáculo. Foi unha referencia no seu tempo. Naceu en 1987, xa cumpriu 25 anos, xa fixemos un libro... De todo. O levamos hai pouco ata Colombia. É un espectáculo que permite levalo a América porque é manexable. Leva máis de 1.500 funcións e é como os Colombaioni, que actúan toda a vida igual por parellas e fan sempre o mesmo, pero os ves e escachas coa risa.

¿Pasa en Redondela cada vez que o representan?
Andrés Giráldez, que fai de técnico neste número, comezou de neno. Mirábanos actuar e despois incorporouse a compañía. Outros, hai xente de Redondela que coñeceron o número cando aínda non estaban casados e agora veñen co neto da man. Unha persoa que tiña vinte e como levamos agora trinta anos coa obra, pode vir co neno. Hai casos. É moi curioso é simpático. Imos perdendo o pelo, pero ven o avó e di: “eu te vin no ano oitenta e tantos”. É algo moi emotivo. Faite feliz, fai que creas na profesión e que sexas útil. No noso caso servimos para cubrir a parte lúdica da vida, aínda que ás veces, sofres algunha patada no cu, pero pasa en tódalas profesións.

¿Como se mantén o Festival de Títeres durante 17 anos?
Isto foi por Juanjo Amoedo, que prendeu isto e morreu sen poder ver a primeira edición. Era moi amigo meu. Tiña boa relación cos empresarios e unha vez acudiu a Segovia a ver o Titirimundi e dixo que tiñamos que facer iso en Redondela. Encargouse el e acadou algo moi importante, que foi crear este festival da base de Redondela. Meteu ós insubmisos, a asociacións de mulleres, ós empresarios, os 'scouts'... Xuntou a todos e deu unha forza moi grande ó festival. O primeiro ano xa funcionaba, estaba todo cheo. A sala do Multiusos chea. Todo. Conformou unha especie de colchón que permite que o festival continúe funcionando e sexa dos acontecementos máis importantes de Redondela.

Tanxarina é unha empresa de titiriteiros e de ámbito case exclusivo galego, ¿como se consegue aguantar tanto tempo?
Economicamente é moi difícil. A cultura está menosprezada. Eu estou integrado en Escena Galega e loitamos aí para dignificar a profesión, para que se cumpran os convenios para que o que sucede no audiovisual tamén pase no teatro e nos títeres. Tanxarina segue existindo porque a relación entre Miguel, Andrés e máis eu foi evolucionando cos anos, madurando, fomos facendo máis piña e permitíndonos as nosas debilidades, que é moi importante. ¿Canto máis vai a durar? Nunca se sabe. O que está claro é que, co que levamos feitos todos este anos, temos unha identidade e podemos permitirnos que, se queda un de nós, pode seguir funcionando Tanxarina. Incluso se marcha un de nós, sería con cariño e con moi bo 'rollo' porque son moitos anos. Se nos queixamos é de vicio.

Entre o 16 e o 22 de maio celebrase en Redondela a décimo sétima edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela que chega con varias novidades. 

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad