18062019Mar
Última edición: Lun, 17 Jun 2019 9pm

Oito medallas. Dous ouros, tres pratas e tres bronces; este foi o botín da selección galega de técnica e freestyle na primeira xornada da President's Cup de poomsae e freestyle de adultos, que se está a celebrar esta fin de semana en Sindelfingen (Alemaña). 

Os clubes galegos seguen dando alegrías, e esta fin de semana sumaron novos éxitos no Campionato de España de Exhibición en categorías absoluta e cadete, que se disputou en Pontevedra. Os podios foron completamente galegos e concluíron con vencedores vigueses. O Tao foi campión na categoría adulta e o Yidam-CEIP Balaídos, na cadete.

El Gran Vía de Vigo continúa apostando por las actividades deportivas en el centro comercial de la mano del programa 'Mañana hoy empiezo'. Tras la clase magistral de Naza Tilve ahora le toca el turno a una exhibición de artes marciales de la mano de la Agrupación Deportiva Tao, flamante subcampeona de la última edición del concurso de televisión 'Got Talent España'.

Esta fin de semana (29 e 30 de setembro) celébrase o IV Open Internacional Vila de Moaña no que participarán máis de 600 taekwondistas de combate, técnica, freestyle e exhibición. Este open (categoría RG-2) será o segundo disputado, tralo de Ourense, do circuíto de torneos ranqueables da Federación Galega de Taekwondo correspondente a esta tempada.

Miguel Barreiro Estévez, integrante do club Yidam-CEIP Balaídos e subcampión do mundo de taekwondo praia na modalidade de rompementos libres, foi seleccionado para formar parte do equipo de exhibición da Federación Mundial de Taekwondo. É a primeira vez na historia que un español obtén este nomeamento.

festival

solidaridad

sucesos

nuevo gobierno