Desde este martes e ata o domingo, 24 de xullo, sete formacións actuarán en distintas parroquias e barrios da cidade, incluindo grupos procedentes de Serbia, Colombia e Arxentina.
O obxectivo do Festival é achegar á cidadanía viguesa a cultura, o folclore e as tradicións doutros países. Deste xeito, chegan o grupo serbio Prnjavor, o colombiano Fama e o Sol Arxentino, formacións que se complementan coa zaragozana La Fiera e as locais Corisco, Lembranzas Galegas e a banda de gaitas Xarabal.
Tres partes diferenciadas
O Festival, en primeiro lugar, promove actuacións en auditorios de parroquias como San Miguel de Oia, Cabral, San Andrés de Comesaña, Beade e Valladares, do 19 ao 23 de xullo, ás 21:30h.
Por outra banda, os grupos actuarán nas rúas da cidade, en Travesas, no Calvario, en Teis e na Porta do Sol, do 20 ao 23 de xullo ás 12 horas.
Por último, o Concello e a Asociación Cultural Interfolc, organizadora do evento, pechan o Festival o domingo, 24 de xullo, cun desfile que parte ás 20 horas da igrexa de Santiago de Vigo, en García Barbón, ata o teatro Afundación, en Policarpo Sanz. Alí, ás 21:30h, pecharase a cita coa actuación no nomeado Auditorio de todos os grupos.
Programa completo
Actuacións en barrios (do 19 ao 23 de xullo) ás 21:30 horas
19 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio AVV San Miguel de Oia
20 de xullo: FAMA e SOL ARGENTINO – Auditorio CC Cabral
21 de xullo: SOL ARGENTINO e PRNJAVOR – Alameda San Andrés de Comesaña
22 de xullo: FAMA e PRNJAVOR – Auditorio CSCR de Beade
23 de xullo: SOL ARGENTINO e LA FIERA – Auditorio CVC de Valladares
Animacións en rúas (do 20 ao 23 de xullo) ás 12 horas
20 de xullo: PRNJAVOR – Praza do Emigrante
21 de xullo: FAMA – Rúa peonil do Calvario
22 de xullo: SOL ARGENTINO – Praza confluencia Sanjurjo Badía e Santander (Teis)
23 de xullo: LA FIERA – Porta do Sol
Acto de clausura con desfile (24 de xullo)
20:00 horas: Desfile de grupos polas rúas García Barbón (desde Santiago de Vigo) e Policarpo Sanz
21:30 horas: ACTO DE CLAUSURA – Auditorio Afundación – todos os grupos