18062019Mar
Última edición: Lun, 17 Jun 2019 9pm

Dúas medallas galegas no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se celebrou do 2 ao 7 de xaneiro en Valladolid. Este luns a selección galega cadete masculina logrou o bronce despois de vencer a Euskadi, mentres que o combinado cadete feminino foi prata, tras perder na final contra Cataluña. Ademais hai que destacar os quintos postos das seleccións infantís, a sexta posición da selección xuvenil feminina e a sétima da selección xuvenil masculina.

A selección galega cadete feminina acadou este domingo a clasificación para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, despois de derrotar a Madrid nun gran partido. A final celebrarase este luns (10:45 horas) contra Cataluña. Pola súa banda, a selección cadete masculina loitará este luns polo bronce contra Euskadi (09:00 horas).

A selección galega feminina sénior acadou estes sábado en Badajoz a primeira posición, na primeira proba do Campionato de España de Tríatlon por Autonomías, nunha xornada con moitos incidentes por culpa dunha tormenta con moita chuvia.

A selección galega logrou o subcampionato de España por equipos na categoría masculina, na feminina e na xeral no Campionato de España sénior disputado este sábado  en San Sebastián de los Reyes coa participación de 239 deportistas.

Galicia volveu a sorprender a Xapón. Este domingo, no partido amigable disputado no Rosal, a selección galega foi de menos a máis para lograr a vitoria nuns espectaculares minutos finais (28-26). O sábado, lembremos, os galegos xa lograran rabuñar un empate ante os asiático en Bueu (29-29).

festival

solidaridad

sucesos

nuevo gobierno