14102019Lun
Última edición: Dom, 13 Oct 2019 9pm

A Deputación de Pontevedra promociona a través da páxina web de Turismo Rías Baixas as doce rutas turísticas que pretenden espertar a “Fame de Experiencias” dos visitantes na provincia a través das singularidades das distintas comarcas. Estes itinerarios, que se poden facer durante todo o ano, buscan facilitar aos turistas a información sobre os distintos recursos dispoñibles nos destinos propostos, presentada na páxina dun xeito organizado e cómodo para que poidan preparar de forma máis sinxela as súas viaxes.

El Concello de Baiona, a través de la Concejalía de Turismo que dirige Carlos Gómez, organiza diversas visitas guiadas gratuitas durante el verano. A los recorridos ya habituales por el casco histórico y Camino Portugués de la Costa se unen dos rutas guiadas por el alumnado-trabajador/a del Obradoiro “Valmiemprega III”-Promoción turística local e información al visitante.

A Consellería de Medio Ambiente ofertará ao longo deste verán preto de 19.500 prazas para coñecer da man dun guía acreditado o patrimonio natural e ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este venres está prevista a primeira das rutas guiadas da tempada, que baixo o título ‘Sálvora: unha illa de esculturas e lendas’ permitirá aos 12 participantes na visita achegarse á historia e á natureza desta illa a través dun percorrido polas súas principais rochas e esculturas.

A Deputación de Pontevedra esgotou en menos de tres horas as 25 prazas dispoñibles para a primeira ruta ornitolóxica de balde do programa ‘Voando nas Rías Baixas’, que percorrerá o Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa o vindeiro 20 de xaneiro.

Segundo informou este luns Abel Caballero, o goberno vigués aprobou o proxecto de percorridos medioambientais, dentro do 'Camiño a Camiño 2018', con rutas por Vigo e saídas á comarca para coñecer o proceso produtivo da sidra e do viño.

vigo

economía

economía