18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

O Concello de Nigrán mantén este sábado en Chandebrito a segunda edición do festival Chan de Folk, evento que consta do concerto de Roi Casal (21:30 horas) pero que nesta ocasión, ante o a nubosidade prevista e ao estar o chan enchoupado, troca a clásica observación posterior das Perseidas por unha visita nocturna guiada ao gran petróglifo do Rabete, situado moi preto do lugar.

Los trabajos para la elaboración de una réplica del petroglifo de Auga dos Cebros comenzarán este fin de semana con una actividad que consistirá en la limpieza del entorno del grabado. Estas labores previas tendrán lugar el próximo sábado y contarán con la participación de los propios vecinos y vecinas, si bien es necesario inscribirse previamente porque las plazas son limitadas.

Redondela acollerá o sábado 30 de marzo unha nova edición das súas andainas arqueolóxicas nocturnas. A iniciativa programa un percorrido polos petróglifos de Pedreira, na parroquia de Ventosela.

A Asociación Costa dos Castros edita un caderno divulgativo sobre os petróglifos da contorna do río Vilar, na parroquia oiense de Pedornes, para dar a coñecer a singularidade e valor patrimonial dos gravados existentes nesta zona. Entre eles destacan tres que representan figuras de embarcacións, as únicas claramente definidas dos petróglifos galaicos con características que apuntan a modelos mediterráneos.

As actividades da Asociación Costa dos Castros neste ano arrancan co inicio dos labores de limpeza de vexetación no entorno do petróglifo de Auga dos Cebros, que representa unha embarcación mediterránea. Esta intervención, que se desenvolve en monte comunal na zona do Viveiro, na parroquia de Pedornes, é posible grazas ás achegas económicas das persoas que colaboraron nas campañas de crowdfunding.

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad