08122019Dom
Última edición: Dom, 08 Dic 2019 12pm

Uns 500 estudantes de 3º e 4º da ESO de trece colexios de Vigo desprazáronse este xoves ás illas Cíes nunha viaxe educativa encadrado no programa divulgativo ‘Planeta Cíes’, que forma parte do proxecto da candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

As entradas para o concerto de Sondeseu esgotáronse este mércores pola mañá logo de poñerse a disposición do público de forma gratuíta ás 09.00 horas no posto das Illas Cíes situado na Praza do Rei. As longas colas comezaron a primeira hora e pouco despois das 12.00 horas xa estaban todas repartidas malia que só se podían coller dúas por persoa. 

Abel Caballero presentou este martes á comunidade docente o programa educativo "Planeta Cíes", un ambicioso proxecto que abarca todas as etapas educativas e que é un paso máis para consolidar a candidatura das illas a Patrimonio da Humanidade.

"O noso obxectivo é que dentro de 2.000 anos as illas se conserven igual que agora", destacou Caballero na Casa das Artes, onde tivo lugar a presentación da XIX Exposición Galaico-portuguesa de Filatelia. No acto estiveron presentes tamén o presidente da Sociedade Estatal de Correos, Juan Manuel Serrano, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou este martes en Portugal a campaña turística ‘Somos Historias’, da man da presentadora lusa e ‘influencer’ María Cerqueira Gomes. Deste xeito, a promoción que está a impulsa este ano a institución provincial e na que se pon en valor os recursos patrimoniais de todas as comarcas de Pontevedra chega por vez primeira ata o país veciño, tras pasar pola Feira Internacional de Turismo (FITUR) e polo Teatro Rialto da Gran Vía madrileña.

medio ambiente

navidad