18102019Vie
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 7pm

O Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia recibiu nos meses de verán (xullo, agosto e setembro) a máis de 327.000 visitantes (327.149), o que se traduce nun incremento dun 2,4% con case 8.000 visitantes máis que nos mesmos meses de 2016, según informou a Xunta.

 

Desde o pasado día 2 de agosto un total de 30 mozos e mozas de distintas nacionalidades están a realizar labores de mantemento da illa, de información e sensibilización do visitante, de vixilancia de incendios e intervencións puntuais de mellora no parque, en colaboración co persoal do servizo de medioambiente. Precisamente, unha das actividades nas que están inmersos é na erradicación de plantas invasoras que ameazan a biodiversidade neste enclave, como é o caso da acacia. 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio brindará a preto de 19.000 persoas –concretamente 18.743- a oportunidade de coñecer o patrimonio natural e ambiental das illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, remitiu este mesmo luns ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, unha carta solicitándolle celebrar un encontro no que dialogar con pragmatismo, para poder acadar unha suma de vontades que contribúa á consecución do obxectivo compartido da declaración como Patrimonio da Humanidade das Cíes en conxunto co Parque Nacional Illas Atlánticas.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, anunciou este luns que o Parque Nacional Marítimo Terrestres das Illas Atlánticas de Galicia convértense no primeiro destino galego e nas primeiras illas en recibir o selo Observer, que os acredita como o primeiro destino de turismo científico de Galicia.

ocio

economía

economía