21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

El CEIP Párroco Don Camilo, situado en la parroquia de San Andrés de Comesaña, será galardonado este año como Vigués Distinguido, en reconocimiento a sus 50 años de trabajo por la educación y la enseñanza en la ciudad.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves achegouse este luns ata o CEIP Párroco Don Camilo para visitar as súas instalacións e reunirse coa directiva do centro, á que trasladou o punto de vista do Goberno galego no que respecta ao demandado arranxo do seus “perigosos” accesos, que non teñen beirarrúas e conviven co tráfico de vehículos.

A Xerencia de Urbanismo deste xoves tomará coñecemento da incoación do expediente do proxecto para o novo vial de acceso ao CEIP Párroco don Camilo, na parroquia de San Andrés de Comesaña. Actualmente o acceso ao centro prodúcese por un vial con salida a Matamá-Pazo, estreito, sen urbanizar e sen beirarrúas. A nova rúa proxectada partirá da estrada de Camposancos, terá dous carrís de circulación, unha liña de estacionamento e beirarrúas, ademais dun novo sistema de alumeado, novas redes de saneamento, abastecemento e pluviais.

O alcalde de Vigo comprometeuse este venres co profesorado e cos pais do colexio Párroco Don Camilo a estudar a posibilidade de abrir un acceso pola parte de abaixo do centro educativo. Deste xeito, os douscentos escolares evitarían o tráfico rodado da estrada na que está situada na entrada nestes momentos.

sucesos

economía

economía