14102019Lun
Última edición: Dom, 13 Oct 2019 9pm

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), pecha este sábado a súa decimo terceira edición coa actuación estelar ás 22:30 horas da cantante americana Deborah Carter, quen ofrece ademais unha clase maxistral dirixida a vogalistas. Antes, ás 21:00 horas, o saxofonista Fernando Sánchez, un dos músicos galegos de jazz máis internacionais, tocará co seu quinteto composto por músicos europeos de primeira fila.

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), abre este venres a súa 13ª edición cunha primeira xornada na que presumirá da internacionalidad do jazz galego e na que reivindicará o papel da muller nesta música co trío Hey Cats. Así, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos serán os protagonistas liderando formacións internacionais feitas ‘ex profeso’ para a ocasión, arrancando ás 21:00 horas co cuarteto do saxofonista Pablo Castaño e seguido ás 22:30 do tamén cuarteto do saxofonista Xosé Miguelez e o pianista Jean-Michel Pilc Quartet.

A gran estrela do Nigranjazz 2019, a cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, será a protagonista da xa tradicional clase maxistral do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 horas no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben inscribirse xa no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e abonar 15 euros o mesmo día da clase.

O festival Nigranjazz contará na súa decimo terceira edición -26 e 27 de xullo no esteiro de A Foz (A Ramallosa)- coa actuación estelar da cantante americana Deborah Carter o día 27, quen ademais ofrecerá unha clase maxistral matinal no Auditorio do Concello para a que se abrirá a inscrición a vindeira semana.

O Concello de Nigrán abre este venres a súa programación especial de xullo con ‘Solpor Monteferro’ (5 e 6), festival musical que xunto a Vive Nigrán (19 e 20) e Nigranjazz (26 e 27) protagonizarán o mes en curso. Ademais, a eles únese o Rilla na Rúa, o evento gastronómico que reúne unha variada oferta culinaria a través dos camións de comida que toman posicións na Alameda da Ramallosa do 25 de xullo ao 4 de agosto, onde tamén haberá música en directo.

vigo

economía

economía