14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 2pm

A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este martes pola tarde un taller no que o público infantil poderá achegarse ao proceso gráfico dunha publicación da man do ilustrador Óscar Villán.

A contadora brasileira Claudia Fonseca presenta o seu espectáculo "Contos e cantos nordestinos", dentro de Atlántida, o Festival Internacional de Narración Oral trae a Galicia a un amplo abano de narradores de diferentes países.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, descubriron este martes a estatua de Balbino, o protagonista de "Memorias dun neno labrego", coa que o Concello quere render homenaxe ao seu autor, Xosé Neira Vilas, na Biblioteca Municipal que leva o seu nome.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación -estimada no mes de marzo- dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe de "Memorias dun Neno Labrego", como "homenaxe" ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas. A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido.

vigo

economía

economía