19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

Doce bandas e artistas vigueses daranse cita o vindeiro 28 de setembro no marco de Vigo Emerxe, un “gran concerto” gratuíto promovido pola Xunta de Galicia no Museo do Mar co obxectivo de poñer en valor a escena musical da cidade. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou este xoves esta iniciativa, que nace coa vocación de “recuperar a esencia da movida viguesa” e dar voz ao talento local.

O ciclo Solpores do Museo, organizado pola Xunta de Galicia, celebra este xoves 29 de agosto a súa derradeira sesión. A cita será as 20:30 horas no espazo habitual, na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia. Os encargados de despedir este primeiro cartel, serán Bliusvai e Zenet, nunha sesión na que o solpor da Ría de Vigo volverá a competir coas propostas musicais máis singulares.

O ciclo Solpores do Museo, promovido pola Consellería de Cultura, continúa este xoves 22 de agosto ás 20:30 horas na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia. Trátase xa da quinta sesión do programa, esta vez a cargo dos artistas Cora Velasco e Joe Crepúsculo, que farán que o público goce unha vez máis da combinación da música indie coa mellor posta do sol, enmarcada pola singularidade arquitectónica do museo.

O ciclo Solpores do Museo continúa este xoves 1 de agosto (20.30 horas) na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia cun concerto a cargo dos artistas Amaro Ferreiro e Villanueva para o que xa se colgou o cartel de completo.

Vigo acogerá los días 19 y 20 de septiembre el Congreso Internacional de Organizaciones de Productores de Pesca y Acuicultura #OPPsEnAcción, el primero de estas características que se celebra en España y que cuenta con la organización de Opromar y la financiación de la Consellería do Mar y de la Unión Europea, a través del Fondo Europeo Marítimo y de la Pesca (FEMP).

movilidad

música

espectáculos