A charla, que comezará ás 18.00 h, será impartida dende a perspectiva dunha avogada que leva casos directos sobre violencia de xénero, polo que se abordará a concienciación sobre este problema, entendido como lacra social na que todos debemos estar implicados para a súa erradicación.
Será impartida pola avogada Annie Buquet Segarra, experta en atención a vítimas de violencia de xénero pola súa profesión, segundo explican desde Asdegal.
Falarase da definición de violencia de xénero, por que a muller non denuncia, ciclo da violencia, recursos, axudas e estatísticas de vítimas de Vigo, así como o lugar que ocupa a cidade dentro de Galicia neste tema.