Dende a representación dos traballadores/as do Chuvi explican que coa marcha pretenden seguir a reivindicar unha sanidade pública de calidade e amosar o seu rexeitamento ás privatizacións, aos recortes e ás medidas de copago que o goberno do PP está a aplicar no novo hospital de Vigo, para o que reclaman unha xestión 100 pública.
A mobilización terá un carácter lúdico-festivo e non haberá simboloxía das organizacións, só a pancarta da Xunta de Persoal. Os empregados/as da sanidade viguesa chaman ao conxunto da veciñanza a participar na marcha e a reivindicar o seu dereito a unha atención sanitaria de calidade.