25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 7pm

As instalacións de Máis que Auga en Barreiro e Navia acollerán entre os días 29 de xuño e 7 de xullo a sétima edición do Trofeo de Pádel Concello de Vigo, que se celebrará en todas as categorías, dende a iniciación ata a competición federada (masculina, feminina e mixta).

A segunda edición do Festimáis acadou os seus obxectivos: unha xornada de deporte, familia, xogos e solidariedade. Desta forma, grazas ás aportacións das e dos participantes, Banco de Alimentos recibiu 4.500 quilos de alimentos non perecedoiros.

Máis de seiscentas persoas celebraron nas instalacións de Máis que Auga o Día Mundial da Actividade Física con actividades orientadas a toda a familia nunha xornada de libre acceso. Tampouco quixo perderse este conmemoración o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que se sumou á iniciativa de Máis que Auga, coma sempre co máximo entusiasmo.

Co gallo do Día Mundial da Actividade Física, Máis que Auga organiza unha xornada de portas abertas que terá lugar o vindeiro sábado 6 de abril de 16:30 a 20:30 horas nas tres instalacións municipais -Barreiro, Coia e Navia-. As persoas participantes poderán gozar de balde de 20 actividades diferentes, entre as que se atopan o aquagym, zumba en familia, body pump, aquatraing, body compat, cursos de pádel, HIIT exprés, etc. Tamén poderán usar libremente as instalacións.

Máis que Auga vén de impulsar en Vigo a implantación dun programa europeo para introducir o deporte na práctica habitual dos adultos inactivos ou sedentarios. O plan denomínase ‘Let’s be Active’ (sexamos activos, na súa tradución do inglés) e está promovido pola Unión Europea dentro do plan Erasmus+ e pola Fundación España Activa, co obxectivo de mellorar os hábitos de mozos e maiores.

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad