20102019Dom
Última edición: Dom, 20 Oct 2019 11am

O Bloque Nacionalista Galego volverá reclamar a fin da "política de total abandono" que a Xunta do Partido Popular aplica, ao seu xuízo, en Vigo. Farao propoñendo no Parlamento de Galicia a posta en marcha do que denominaron ‘Plan Vigo 2020’, unha iniciativa na que se recolle unha ampla relación de cuestións desatendidas polo executivo de Núñez Feijóo en doce ámbitos diferentes, que van desde as políticas sociais até as infraestruturas.

La Comisión de Investigación de O Marisquiño vivió este martes una jornada de acusaciones entre los partidos representados en el Parlamento de Galicia. Elena Muñoz responsabilizó al alcalde de Vigo del accidente y tanto el BNG como En Marea le reprocharon sus intentos partidistas para sacar rédito político y su "mitin lacrimógeno".

O BNG lanzou este martes un chamamento de urxencia para que o Goberno español invista na rede ferroviaria galega despois de que un movemento de terras en Arbo provocara a suspensión do tránsito ferroviario. Este corte, que se prolongará durante dez días, suporá a supresión de 16 conexións diarias entre Vigo con Ourense, a meseta, Bilbao e Barcelona.

O Bloque Nacionalista Galego levará ao pleno do Parlamento de Galicia de este martes unha moción con medidas que perseguen “pararlle os pés a Audasa” no referido á xestión da autoestrada AP-9. A iniciativa, presentada polo deputado Luís Bará, inclúe a oposición “rotunda” á suba das peaxes prevista para o vindeiro ano esixe un “control efectivo” da concesión e urxe a executar as “actuacións compensatorias” nas parroquias afectadas polas obras de ampliación.

Luís Bará, candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra ao Congreso fixo este martes unha aposta pola innovación, polo talento, pola creatividade e pola tecnoloxía e investigación de Galiza para impulsar a riqueza e o emprego no país. “Temos que darlle valor engadido á economía galega apostando por experiencias punteiras e polo I+D+i”, salientou durante o mitin central de Vigo, onde estivo acompañado pola portavoz nacional Ana Pontón.

sucesos

economía

economía