13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 11am

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou este sábado os V Encontros sobre esclerose múltiple lembrando que en Galicia hai preto de 2.200 persoas afectadas por esta enfermidade, uns 80 afectados por cada 100.000 habitantes.

“A investigación biomédica é, sen dúbida, un dos ámbitos nos que máis avanzou o noso país nos últimos anos, e que debemos e queremos seguir potenciando”. Así o remarcou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de inauguración da XXVI Convivencia de Enfermidades Metabólicas, acto que tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este martes que a posta en funcionamento do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e un dos dez primeiros de toda Europa, permitirá levar a cabo unha cirurxía máis rápida, máis segura e máis precisa.

O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal que será referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos. O proxecto, que foi presentado este luns na cidade olívica polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, estará ubicado no Hospital Álvaro Cunqueiro.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado que forman parte da Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galicia-061 atenderon a máis de 267.900 persoas desde que comezaron a prestar asistencia ás emerxencias sanitarias na Comunidade Autónoma de Galicia, hai agora vinte anos.

medio ambiente

marítima

navidad