16072019Mar
Última edición: Lun, 15 Jul 2019 11pm

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia vén de convocar unha nova edición do concurso de relatos do Parque Nacional e do certame de fotografía ‘Unha mirada ás túas illas’, que leva por lema ‘As cores das illas’. Ambos teñen dúas categorías ou modalidades: xuvenil, para participantes de entre 10 a 17 anos; e adultos, a partir dos 18 anos. O prazo de presentación dos traballos finaliza o vindeiro día 21 de decembro.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu na tarde deste xoves, na sede viguesa do Parque Nacional Illas Atlánticas, unha xornada de traballo de carácter informativo con diversas institucións, entidades e colectivos da sociedade olívica para informarlles dos trámites efectuados e dos avances alcanzados ata o momento, en relación coa promoción da candidatura integradora Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade.

O alcalde defíneo como "excepcional" e "abocado ao éxito" logo de catro anos de traballo e asegura que está vivo polo que "seguiremos adiante" pese ao anuncio da Xunta de Galicia de presentar unha candidatura conxunta ante a Unesco para as Illas Atlánticas.

A Xunta de Galicia inicia os trámites da candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade pola Unesco na categoría de ben natural. Así o anunciaron este luns os conselleiros de Medio Ambiente e Educación e Cultura, Beatriz Mato e Román Rodríguez, no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre en Vigo.

A Xunta de Galicia segue impulsando lo turismo astronómico no Parque Nacional das Illas Atlánticas mediante a instalación de grandes planisferios estelares que facilitarán aos visitantes a observación e interpretación do ceo nocturno.

sucesos

vigo

vigo en festas 2019

turismo