16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 10am

O goberno vigués executa actualmente os traballos de remodelación do treito da Avenida de Castelao que une as rúas Porriño e Redondela. Abel Caballero visitou este xoves unha reforma "como corresponde a esta zona, para continuar coa humanización de Coia".

Cun prazo aproximado de execución de catro meses, comezou a cuarta fase da humanización de Camelias, cun orzamento de 778.000 euros. Así o explicou este mércores Abel Caballero durante unha visita aos traballos na que estivo acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e a concelleira de Turismo, Ana Laura Iglesias.

O Concello de Baiona pasou revista este venres aos traballos de humanización que se levan a cabo na rúa Cidade de Vigo dende o pasado mes de novembro. As labores están xa moi avanzadas e esta semana quedaron completadas as labores para renovar redes de abastecemento, pluviais e acometidas eléctricas.

Anunciouno este mércores o alcalde, nunha visita aos traballos de reforma da rúa. O Concello inviste preto dun millón de euros na humanización, na súa primeira fase, da coroa circular interior. Abel Caballero anunciou a instalación de paneis no vial e a creación dun espazo na web onde ampliar información sobre a zona e o propio Álvaro Cunqueiro.

A humanización de Doutor Corbal ascenderá a 468.000 euros e terá un prazo aproximado de execución de seis meses. As obras -comprendidas entre Sanjurjo Badía e Camiño Maceiras-, incluirán unha placa en lembranza do médico que lle da nome á rúa.

movilidad

sucesos

medio ambiente