22012020Mié
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 2pm

A dirección da Área Sanitaria de Vigo dá un novo impulso ás actividades lúdicas dirixidas aos pacientes pediátricos do Hospital Álvaro Cunqueiro. Para iso asinou un acordo de colaboración coa asociación “Galiclown- Pallasos de Hospital”, algúns de cuxos voluntarios xa desenvolveron este labor no hospital en anos anteriores.

O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo albergará de xeito permanente o mural de gran formato que a artista baionesa Lula Goce elaborou para a escenografía dos Premios da Cultura Galega 2019 celebrado no Teatro García Barbón.

A área sanitaria de Vigo ven de presentar os mellores resultados da lista de espera cirúrxica da historia da sanidade pública viguesa. Así, segundo reflicten os datos oficiais feitos públicos este venres polo Servizo Galego de Saúde, a 31 de decembro do 2019 a demora media global para operarse no Complexo vigués foi de 61.2 días, 18.6 días menos que o pasado ano (un 23.3%).

O Servizo Galego de Saúde ven de licitar a adquisición dun novo microscopio electrónico para o Servizo de Anatomía Patolóxica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, por un importe de 400.000 euros. Este novo equipamento virá a substituír ao actual, unha vez este rematou a súa vida útil.

As súas Maxestades, os Reis Magos, visitaron este domingo, como ven sendo tradicional, aos nenos ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro. Repartiron agasallos nas plantas de Pediatría, e deixaron algúns máis para os pequenos pacientes ingresados na UCI pediátrica. Ao final do seu percorrido, visitaron tamén aos ingresados en Urxencias Pediátricas e repartiron caramelos a familiares e persoal de garda.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol