16072019Mar
Última edición: Lun, 15 Jul 2019 11pm

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou esta mañá na solta de arredor de 7.000 xuvenís de salmón atlántico no río Miño coincidindo coa celebración do Día Mundial da Migración dos Peixes.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, emprazou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a desbloquear o convenio de colaboración coa Xunta e o Concello de Vigo para acadar, canto antes, “unha solución acordada e conxunta” que garanta o abastecemento de auga á cidade olívica e a toda a súa contorna.

O proxecto para a humanización da Avenida de Madrid sairá a exposición pública de forma inmediata e contará cun novo convenio entre Concello de Vigo e Ministerio de Fomento para dotar máis orzamento.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou este sábado a disposición do Goberno central para abordar na comisión conxunta sobre a AP-9 a imprescindible reflexión sobre o futuro da peaxe entre Vigo e Redondela, e incidiu na necesidade de impulsar sen novos custos en forma de peaxe actuacións pendentes na autoestrada, como son: a ampliación da avenida de Alfonso Molina; o nó de Bombeiros en Pontevedra; o enlace Orbital en Santiago de Compostela; e a necesaria remodelación do treito final da autoestrada na cidade de Vigo.

O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), Abel Caballero, salientou este martes que "se cumpre exactamente o que pediamos" no tocante ao partido xudicial da cidade, tras o proxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial impulsado polo Goberno de España.

sucesos

vigo

vigo en festas 2019

turismo