16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

Fran Beltrán xa fala en galego

Publicado en Celta
24 Octubre 2018

Fran Beltrán é de Toledo, pero nos poucos meses que leva en Vigo xa atrévese co galego. O futbolista do Celta sorprendeu este mércores na sala de prensa do club cunhas verbas en galego e confirmou que está estudando.

Samil convértese nunha biblioteca

Publicado en Libros
29 Junio 2018

O pracer da lectura na praia terá en Vigo un novo aliado en xullo. O principal areal da cidade, Samil, disporá durante ese mes de préstamo de libros, converténdose así nunha biblioteca improvisada. Coa iniciativa ‘Os libros ao sol’, os bañistas poderán pedir a cesión de obras en galego, tanto orixinais como traducidas.

A novela ‘20.000 leguas baixo os mares’, do escritor francés Jules Verne, inaugurará a nova colección Lectura Fácil de Galaxia. A escolla desta obra, así como o do lugar de Rande para a súa presentación, non é casual. Este ano conmemóranse os 150 anos da entrada do submarino onde se desenvolve a trama desta narración, o Nautilus, na ría de Vigo, segundo relata Verne na novela.

A piques de despedir o 2017 a Universidade de Vigo dálle a benvida a 2018 co lanzamento dun novo calendario editado pola Área de Normalización Lingüística (ANL) e ilustrado nesta ocasión polo artista pontevedrés Kiko da Silva. A idea é seguir a estela iniciada en 2017 co traballo do debuxante Luis Davila, que acadou cifras históricas de impacto en redes sociais, e continuar coa loita contra os prexuízos cara ao galego botando man do humor gráfico.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Centro Pen de Galicia e Afundación convocan a décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación co obxectivo de recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega.

movilidad

sucesos

medio ambiente