17012019Jue
Última edición: Mié, 16 Ene 2019 9pm

Nestas festas de Nadal e comezo do ano 2019 tivemos a fortuna de falar con Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, que accedeu a manter unha conversa con Vigoé acerca da historia da empresa, o legado do galeguismo, o papel dos editores na creación dun libro e moitas cousas máis.

O escritor Francisco Castro, autor de "Barricadas de Sal", será o encargado de guiar este sábado aos participantes nunha nova ruta literaria polos barrios de Vigo. Enmarcada no proxecto "Historias para coñecermos Vigo", os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010.

Tras o éxito da recollida de sinaturas en apoio á Filosofía e da proposta #ChíaPolaFilosofía, o colectivo Filosofía Si pon en marcha unha nova iniciativa baixo o nome #VocesPolaFilosofía. A través desta proposta daranse a coñecer testemuños, en formato multimedia, de diversas personalidades do panorama cultural galego.

O proxecto Historias para coñecermos Vigo veu este martes a luz. Despois de moitos meses de traballo, estes oito libros permiten facer un percorrido polos barrios e lugares da cidade viguesa dende a ficción, a través das verbas e historias de oito escritores (Ledicia Costas, Francisco Castro, Marga do Val, María Lado, Amadeo Cobas, Santiago Lopo, Manuel Sánchez Gálvez e Clara do Roxo).

marítima

vigo

emprego

deporte

sanidad