21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 10pm

O comité de folga dos bombeiros do Concello de Vigo presentou este luns unha denuncia na Inspección de Traballo contra o Goberno local por “vulnerar” este dereito fundamental e por “poñer en perigo a seguridade dos traballadores”. Os folguistas tamén levaron a cabo un reparto informativo nas inmediacións do consistorio para explicar os motivos da convocatoria indefinida.

Tras a folga de dúas horas por quenda de traballo do pasado xoves, que afectou á produción de medio millar de vehículos, a factoría viguesa do grupo PSA afronta este mércores unha nova xornada de paros convocada polos sindicatos UGT, CC.OO e CIG, á que se sumou a CUT. Con todo, desta vez a protesta será maior, de catro horas por quenda. A folga desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas, de 18.00 a 22.00 horas e 02.00 a 06.00 horas da madrugada do mércores ao xoves.

CIG, CCOO e UGT van realizar este mércores 15 de maio asembleas de traballadores nas tres quendas laborais das liñas de montaxe, naves e ferraxe para informar e preparar a xornada de folga convocada para xoves co obxectivo de esixir solucións á sobrecarga de traballo na montaxe (con especial incidencia na liña 2) e que se contrate ao persoal necesario para poder sacar adiante a actividade.

Os representantes de CIG, CCOO e UGT no comité de PSA Vigo que mantiña un peche nas instalacións de Vigo dende o pasado luns acordaron este venres levantar esta medida e, ante a “falta de respostas por parte da dirección para solucionar os problemas de sobrecarga de traballo en montaxe”, dar un paso máis e convocar unha xornada de folga para o vindeiro xoves 16.

A folga de 24 horas convocada polo comité de Bosch para rexeitar o ERTE que a empresa aplica en Vigo tivo este mércores 27 de marzo un seguimento “maioritario” entre o cadro de persoal, segundo afirmaron os sindicatos. A CIG informou de que arredor do 80% dos traballadores da compañía do sector dos centros de chamadas, a segunda firma con máis empregados na provincia de Pontevedra, decidiu secundar a xornada de paro.

sucesos

economía

economía