O alcalde de Vigo rubricou este martes os convenios de colaboración coas nomeadas entidades polos cales o goberno local lles exime do pago polo uso das instalacións deportivas municipais.
As exencións asinadas hoxe supoñen case 22.000 euros que deixan de gastar, explicou Caballero. Neste concepto, engadiu o rexedor vigués, o goberno de Vigo exime a distintas organizacións do pago dun total de 213.000 euros.
Ximnasia para maiores
En rolda de prensa, Abel Caballero revelou que o Concello está a avaliar as ofertas presentadas para a prestación do servizo para o desenvolvemento das actividades físico-deportivas do programa de ximnasia para persoas maiores. O goberno de Vigo adica ao mesmo 38.000 euros para ofertar actividade nos pavillóns de Travesas, Lavadores e Teis.