22112019Vie
Última edición: Vie, 22 Nov 2019 1pm

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, compareceu este luns en rolda de prensa para analizar os datos da EPA do terceiro trimestre do ano, que confirman a grave crise que atravesa sobre todo o sector industrial, que perdeu 400 postos de traballo neste período, aos que haberá que sumar os que desaparecen no naval.

Máis de medio milleiro de persoas inscritas e medio cento de empresas participantes. Estas son as cifras coas que este martes arrancou nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) a 4º edición da Feira Internacional de Emprego Universitario Finde.U.

Un total de 183 mozos e mozas traballarán en empresas e corporacións sectoriais da provincia de Pontevedra grazas ao programa de fomento da empregabilidade ‘O Teu Primeiro Emprego’. Con este programa a Deputación busca facilitar que a mocidade con título universitario ou de FP poida acceder a un primeiro emprego cun contrato en prácticas.

O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo ao abeiro das bases  reguladoras das subvencións a concellos declarados municipios turísticos e xeodestinos de Galicia, con cargo á subvención da Axencia Turismo de Galicia.

Un total de 29 persoas en situación desemprego traballarán este ano no Concello das Neves a través contratos de entre tres e dez meses de duración. Trátase de incorporacións de diferentes perfís profesionais, dos que unha ducia xa están a facer labores para a administración municipal.

gastronomía

ocio

navidad