14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 5pm

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este venres a aprobación, na Xunta de Goberno, da asignación para as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE) doutros 19 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, cunha contía de 175.400 euros.

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno da primeira remesa de Axudas Básicas de Emerxencia que percibirán vinte concellos da provincia, cun investimento de 175.000 euros.

O Plan de Emerxencias da presa de Baíña en Baiona ten programada para a mañá do vindeiro martes unha proba do sistema de advertencia por risco de inundación. As dúas sereas instaladas no encoro activaranse co obxectivo de garantir a operatividade do sistema, ao tempo no que o sinal acústica en caso de emerxencia faise recoñecible para os veciños e veciñas da zona afectada.

As brigadas de conservación e mantemento da mobilidade na rede de estradas provinciais, dependentes do departamento dirixido polo deputado Uxío Benítez, atenderon este ano 2017 571 emerxencias nas vías de titularidade da Deputación, unha cifra que supera amplamente as 524 realizadas o pasado exercicio. Estas actuacións corresponden aos avisos chegados a través da Unidade de Control e Vixilancia da DEPO, que recibe e organiza as chamadas do 112, gobernos locais e outros servizos de emerxencia de toda a provincia durante as 24 horas do día, 365 días ao ano.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou en rolda de prensa que este martes, na reunión convocada pola delegación do Goberno, pedirá que Galicia (e a provincia de Pontevedra, particularmente) sexa declarada como “zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil”, tal como aparece recollido na lei 17/2015 do sistema nacional de protección civil que foi aprobada, lembrou Carmela Silva, “en xullo de 2015, polo actual Goberno estatal, malia que en ningún momento se informou claramente desta posibilidade nin tampouco a Xunta de Galicia a puxo por enriba da mesa, cousa pola que me sinto absolutamente sorprendida”.

transporte

navidad

sucesos