07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar as obras de mellora da seguranza viaria na EP-2204 Sabarís-Belesar, no termo municipal de Baiona, traballos que se enmarcan no obxectivo da institución provincial de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria e peonil no conxunto da rede de estradas provinciais.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recolleu hoxe no acto da Delegación do Goberno en Galicia, en Santiago de Compostela, o premio Meninas 2019 pola súa contribución á Igualdade.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu no museo MARCO de Vigo o acto de arranque do programa ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’ no marco das iniciativas programadas pola institución con motivo do 25-N, Día Internacional contra as Violencias Machistas.  ‘Pan duro II’, como así se chamou a ‘performance’ realizada polas artistas Ana Gesto, María Marticorena, Isabel León e Ana Mateo no museo, fixo alusión ao espellismo da igualdade e á pseudoigualade acadada.

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo 24 de novembro ás 18.00 horas o espectáculo dramático ‘Invisibles’, da compañía Redrum Teatro. O evento, que se celebrará no Auditorio de Goián, no concello de Tomiño, terá unha duración aproximada de 90 minutos e poñerá no punto de mira a invisibilidade que sofren os culpables de agresións machistas en contraposición coa exposición á que se ven abocadas as vítimas ante a sociedade.

A exposición ‘Galaicos’, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, non só se limitará ó espazo do Museo Provincial, posto que a institución provincial organizará actividades complementarias ao abeiro da mostra, entre as que destaca a realización de tres rutas guiadas a xacementos e lugares de interese situados na provincia.

medio ambiente

navidad