20012020Lun
Última edición: Lun, 20 Ene 2020 2pm

Un total de 183 mozos e mozas traballarán en empresas e corporacións sectoriais da provincia de Pontevedra grazas ao programa de fomento da empregabilidade ‘O Teu Primeiro Emprego’. Con este programa a Deputación busca facilitar que a mocidade con título universitario ou de FP poida acceder a un primeiro emprego cun contrato en prácticas.

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a primeira fase do Proxecto Labora 2020, unha iniciativa que financian a institución provincial e o Fondo Social Europeo e que ten como obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade na provincia entre as persoas inscritas nos servizos públicos de emprego que pertencen a colectivos especialmente vulnerables.

Coa colaboración do Concello, este sábado 5 de outubro ás 20h terá lugar a primeira edición de "Cantares polo Camiño", na rehabilitada finca de Alcabre, e con entrada de balde ata completar aforo. Este luns presentouse este evento, que ofrece dúas horas de música en acústico a cargo dunha decena de autores.

A ‘Casa da Música’ de Rubiós acolleu a primeira actuación logo dunha completa reforma que vén de adaptar a mesma ás necesidades contemporáneas.

En menos de 24 horas dende a apertura do prazo de inscrición quedaron esgotadas as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a DepoAndaina polo Monte de Santa Tegra e a Ruta dos Muíños do Folón. A institución provincial abriu non obstante unha lista de espera que se pechará en canto complete outras cen prazas.

vigo

tráfico

vigo