14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

Este xoves 14 de xullo, ás 20:30 horas, terá lugar a inauguración do busto de Rosalía de Castro realizado dende a Escola de Cantería, entidade dependente da Deputación de Pontevedra, e que acollerá o Centro Sociocultural de Domaio, no concello de Moaña. Á inauguración asistirán a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes, e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou este xoves que está previsto que o destino Rías Baixas teña, durante o verán de 2016, unha ocupación media do 77,65%. Silva destacou que agarda que cos datos das reservas de última hora se incremente a porcentaxe e afirmou que, segundo Turismo Rías Baixas, en xullo a ocupación hoteleira na provincia será de preto do 72% e en agosto do 84%.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez Alfonso, asinaron este mércores a concesión dun crédito de 55.856,62 euros para este municipio. O préstamo destinarase para a finalización das naves de usos municipais no Couto e en Randufe e para a mellora do depósito de auga do CPI de Valeixe e a impermeabilización do depósito de Augas Férreas.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, resaltou este venres a figura de María Soliña como un grande exemplo de todas as galegas que tiveron que loitar contra a desigualdade, “unha das moitas mulleres que tiveron que sufrir a persecución por ser diferentes, seguramente por ser intelixentes”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes Chelo Besada, recibiu este mércores no Pazo provincial á directiva e ás capitás das categorías de junior, cadete, infantil, alevín e benxamín do Celta de baloncesto feminino, que nesta temporada que vén de rematar acadaron o fito histórico de levar os títulos de campioas nas cinco mencionadas categorías na liga autonómica de baloncesto.

medio ambiente

marítima

navidad