07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

En menos de 24 horas dende a apertura do prazo de inscrición quedaron esgotadas as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a DepoAndaina polo Monte de Santa Tegra e a Ruta dos Muíños do Folón. A institución provincial abriu non obstante unha lista de espera que se pechará en canto complete outras cen prazas.

Candeán xa ten novo campo de fútbol

Publicado en Fútbol
22 Septiembre 2019

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguraron esta tarde o renovado campo de fútbol de Candeán, xunto á presidenta do UVCD Candeán, Mari Carmen Martínez, e xogadores das diferentes categorías do equipo de fútbol de Candeán-UCD Candeán, que xogan neste campo.

A escalinata exterior do Pazo da Deputación foi este xoves escenario da primeira Gala do Deporte de Elite que impulsou a institución provincial para render homenaxe e recoñecer ás figuras dos e das deportistas de alto nivel e promesas do deporte: “Heroínas e heroes. Sodes un exemplo e queremos, con este acto, rendervos unha homenaxe de toda a provincia. Unha homenaxe a vós e ás vosas familias, polo seu compromiso, por non renderse nunca”, manifestou Carmela Silva. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, o de Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron este xoves a renovada EP 4006 que transcorre por este tres municipios. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas.

Corenta persoas participaron nos cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación de Pontevedra que se veñen de clausurar en Vigo e Pontevedra. Estes cursos, que subvenciona integramente a institución provincial incluíndo o custe da matrícula do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira), están encamiñados á preparación do alumnado para examinarse no nivel A2.

medio ambiente

navidad