14122019Sáb
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 8pm

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou o labor que presta o Centro de Acollida e Adopción de Animais (CAAN) que a institución provincial xestiona na Armenteira (Meis) durante a súa visita ás instalacións, que acollen nestes momentos preto de 450 cans e están sendo obxecto de mellora “para prestar aínda un mellor servizo” aos 48 concellos da provincia que están adheridos.

Ao abeiro do Día Internacional contra o Cancro de Mama, a Deputación de Pontevedra súmase ás accións que se desenvolven para dotar de visibilidade a este tipo de tumor. Trátase do cancro máis frecuente entre as mulleres e na provincia de Pontevedra afectou, no que levamos de ano, a 730 persoas rexistrándose sobre todo en mulleres de máis de 75 anos.

O concello de Salceda de Caselas acollerá este domingo a cuarta proba das “DepoRutas BTT” da Deputación de Pontevedra, na que están inscritas máis de 150 persoas. Deste xeito, ás 10:30 horas comezará un percorrido circular de 38 quilómetros por diferentes sendeiros da vila.

A Deputación de Pontevedra acaba de licitar as obras de reposición de firme e de mellora da seguridade viaria na EP-5003 A Cañiza-Arbo, ao seu paso por estes dous concellos. O orzamento co que esta actuación sae a concurso ascende a 886.829 euros e o prazo de presentación das ofertas rematará o 5 de novembro.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deron a coñecer este venres a segunda edición do DepoDesafío Tríatlon que estaba previsto para este domingo e que por mor da meteoroloxía aprázase ata novo aviso, aínda que se está preparando, se o tempo acompaña, para o 27 de outubro.

medio ambiente

marítima

navidad