10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

Tan só foron necesarios catro días para que se esgotaran as cen prazas dispoñibles para participar nunha nova edición da “Cata amateur a cegas da Ruta do Viño Rías Baixas” que se celebrará o 17 de novembro, con motivo do Día Europeo do Enoturismo, no Castelo de Soutomaior. “Un día para poñer en valor os nosos exquisitos viños, o noso produto, a nosa cultura, e tamén para facelo nun espazo tan ideal como é o castelo”, enxalzou Carmela Silva.

Cunha andaina que percorrerá o centro da cidade, Vigo será protagonista da acción que a Deputación de Pontevedra organizou para o próximo mércores, 30 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial das Cidades. É a primeira vez que a institución provincial se une a esta iniciativa que a ONU conmemora dende o 2013 e que este ano leva por lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”.

O goberno provincial de Carmela Silva presentou hoxe o orzamento da Deputación de Pontevedra para o vindeiro ano 2020, que situarase nos 161 millóns de euros e que mantén a “nosa aposta inequívoca coa cidade de Vigo, como xa fixemos desde o 2016, con investimentos para mellorar a vida das viguesas e dos vigueses, e respectando as prioridades marcadas polo goberno municipal, tal e como vimos facendo na nosa relación con todos os concellos da provincia”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou o labor que presta o Centro de Acollida e Adopción de Animais (CAAN) que a institución provincial xestiona na Armenteira (Meis) durante a súa visita ás instalacións, que acollen nestes momentos preto de 450 cans e están sendo obxecto de mellora “para prestar aínda un mellor servizo” aos 48 concellos da provincia que están adheridos.

Ao abeiro do Día Internacional contra o Cancro de Mama, a Deputación de Pontevedra súmase ás accións que se desenvolven para dotar de visibilidade a este tipo de tumor. Trátase do cancro máis frecuente entre as mulleres e na provincia de Pontevedra afectou, no que levamos de ano, a 730 persoas rexistrándose sobre todo en mulleres de máis de 75 anos.

medio ambiente

tráfico

espectáculos