23012020Jue
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 9pm

A Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra ten tramitada unha denuncia por abandono contra o propietario de “Salo”, un yorkshire que foi atopado no mes de setembro en pésimas condicións de saúde e que suma un novo caso no grave problema de abandono animal na provincia pontevedresa.

Chega a campaña “Este Nadal saborea Rías Baixas” coa que a Deputación de Pontevedra dá un paso máis no seu compromiso cos produtos de proximidade e co Medio Ambiente.

“O xoguete é para un neno ou para unha nena?”, “Deixa esa moneca, que é para nenas”, “Saca iso. Non ves que é rosa? É de nenas!”. Contra frases deste tipo que aínda se escoitan en moitos ámbitos da vida diaria loita a campaña que locen desde este martes os autobuses de Vitrasa por Vigo. Co lema “Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero”, a iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra incide na realidade de que os agasallos non teñen xénero.

O alcalde apuntou que coa cesión "poñemos en uso o edificio, rehabilitamos urbanisticamente, culturalmente e historicamente esta infraestrutura" que a Deputación empregará como sede na cidade durante 10 anos, renunciando ao anexo do antigo Reitorado que ocupaba ata este momento. " É interesante para as dúas institucións e para a cidade", afirmou.

Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN acaba de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.

fitur 2020

sucesos

sanidad