10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu no museo MARCO de Vigo o acto de arranque do programa ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’ no marco das iniciativas programadas pola institución con motivo do 25-N, Día Internacional contra as Violencias Machistas.  ‘Pan duro II’, como así se chamou a ‘performance’ realizada polas artistas Ana Gesto, María Marticorena, Isabel León e Ana Mateo no museo, fixo alusión ao espellismo da igualdade e á pseudoigualade acadada.

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo 24 de novembro ás 18.00 horas o espectáculo dramático ‘Invisibles’, da compañía Redrum Teatro. O evento, que se celebrará no Auditorio de Goián, no concello de Tomiño, terá unha duración aproximada de 90 minutos e poñerá no punto de mira a invisibilidade que sofren os culpables de agresións machistas en contraposición coa exposición á que se ven abocadas as vítimas ante a sociedade.

A exposición ‘Galaicos’, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, non só se limitará ó espazo do Museo Provincial, posto que a institución provincial organizará actividades complementarias ao abeiro da mostra, entre as que destaca a realización de tres rutas guiadas a xacementos e lugares de interese situados na provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Vigo, Abel Caballero, da comisaria da exposición “Mulleres do silencio”, Rosario Sarmiento, e de Almudena Fernández, Rosalía Pazo e Mónica Alonso (tres das artistas protagonistas do compendio) presentaron o catálogo “Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz”.

La Deputación de Pontevedra ha sido reconocida por su lucha por la igualdad de género en los Premios Meninas, según el fallo publicado este jueves por el jurado, presidido por el delegado del Gobierno, Javier Losada. La institución provincial recibirán este galardón junto a la Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, y el Centro de Estudios de Género y Feminismos de la Universidade da Coruña.

medio ambiente

tráfico

espectáculos