20012020Lun
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 8pm

“O esplendor da natureza” da provincia de Pontevedra será neste 2020 protagonista de ‘Sigue o teu instinto’, a campaña de promoción turística das Rías Baixas que se presentará o xoves 23 de xaneiro ás 12.30 horas na feira FITUR de Madrid nun acto no que “non imos deixar a ninguén indiferente”, tal e como afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou este martes en Vigo que as obras de humanización da rúa Emilio Pardo Bazán, coñecida como a Estrada Provincial de Vigo, compren unha demanda histórica que a cidade tivo durante décadas “para converter esta vía tan relevante da cidade nunha rúa con toda a calidade urbana que necesitaba esta contorna”.

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria na rotonda no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial 3101 entre Tebra e Cristelos, no concello de Tomiño. A actuación foi adxudicada por preto de 110.000 euros para acometer unha reforma global e melloras na intersección da estrada, enmarcada no modelo de mobilidade segura do goberno provincial.

En menos de 10 minutos cubríronse as 25 prazas dispoñibles para participar na actividade inaugural da terceira edición de “Voando nas Rías Baixas”, un programa ideado pola Deputación de Pontevedra en colaboración a SEO Birdlife.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou este venres os “extraordinarios” datos que o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) acadou no pasado ano 2019, no que non só descendeu notablemente a recollida de cans e cadelas nos 48 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao servizo, senón que tamén se bateu o récord anual de adopcións da historia do centro, cun total de 466 animais que atoparon un novo fogar.

vigo

aeropuerto

vigo