17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 2pm

A escalinata exterior do Pazo da Deputación foi este xoves escenario da primeira Gala do Deporte de Elite que impulsou a institución provincial para render homenaxe e recoñecer ás figuras dos e das deportistas de alto nivel e promesas do deporte: “Heroínas e heroes. Sodes un exemplo e queremos, con este acto, rendervos unha homenaxe de toda a provincia. Unha homenaxe a vós e ás vosas familias, polo seu compromiso, por non renderse nunca”, manifestou Carmela Silva. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, o de Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron este xoves a renovada EP 4006 que transcorre por este tres municipios. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas.

Corenta persoas participaron nos cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación de Pontevedra que se veñen de clausurar en Vigo e Pontevedra. Estes cursos, que subvenciona integramente a institución provincial incluíndo o custe da matrícula do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira), están encamiñados á preparación do alumnado para examinarse no nivel A2.

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno da primeira remesa de Axudas Básicas de Emerxencia que percibirán vinte concellos da provincia, cun investimento de 175.000 euros.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance esta luns da campaña ‘Experiencias sostibles’, que pasou por Vigo e percorreu a provincia coa presenza dun posto informativo en vilas, eventos, festivais e praias para concienciar sobre as consecuencias dos plásticos no medio ambiente e na saúde. En total, a través das 20 accións desenvolvidas ao longo do verán, repartíronse máis de 100.000 elementos entre un público “moi interesado e cada vez máis concienciado”.

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad