15102019Mar
Última edición: Mar, 15 Oct 2019 3pm

A vida submarina, baixo o título ‘Coidando o noso mar’, foi o tema que escolleu o alumnado de 1º da ESO do IES de Chapela, en Redondela, para participar na edición 2019 do programa DepoRúARTE ‘Pintando alternativas’. A Deputación de Pontevedra volveu impulsar un ano máis este proxecto, que vai xa pola súa cuarta edición, e que se basea na busca do compromiso xuvenil con temáticas relacionadas cos dereitos humanos e a consecución dun mundo máis xusto e igualitario.

A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia “DepoRúArte” chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no Grove e IES Indalecio Pérez Tizón en Tui, vanse desenvolver sesións teóricas e prácticas nas que se propón á mocidade unha actividade artística e lúdica.

A deputada provincial de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudiu este martes ao IES Auga da Laxe de Gondomar e ao IES Pazo da Mercé das Neves onde o alumnado participante presentou os novo murais elaborados no marco do proxecto "DepoRúarte. Pintando alternativas" da Deputación de Pontevedra.

O IES Barral de Ponteareas foi o primeiro dos dez centros das provincia que iniciou o seu mural dentro do proxecto ‘Deporuarte. Pintando alternativas’ e que acaba de ser rematado polos alumnos e alumnas de cuarto da ESO do centro despois de varios días de traballo. O tema elixido polo alumnado foi “a convivencia”.

O alumnado do IES Valadares de Vigo viviu este mércores unha xornada diferente. O programa ‘DepoRÚArte’ levou ata o centro diferentes actividades relacionadas coa cultura urbana, nas que se implicaron uns 150 rapaces maiores de 12 anos. Os estudantes participaron en distintas modalidades, distribuídas en tres bloques temáticos de obradoiros.

vigo

economía

economía