22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

O Mercado do Progreso en Vigo acolleu este venres a sexta e última xornada do programa Degusta Europa 2019, iniciativa da Deputación de Pontevedra, programada e anual, que, ao longo deste mes de abril, levou a vangarda e a innovación gastronómica por distintos mercados e prazas de abastos da provincia. Acudiron ao peche do programa a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os deputados provinciais Santos Héctor e Ángel Rivas.

O programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra, chegará esta semana ata os mercados de abastos de Baiona -mércores 10-, da Guarda –xoves 11- e Vigo -Mercado do Progreso o venres 12- con propostas culinarias elaboradas polo alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo.

A Deputación de Pontevedra inicia a cuarta edición do programa ‘Degusta Europa’ que, un ano máis, levará a vangarda e a innovación gastronómica aos mercados e prazas de abastos de concellos da provincia ao abeiro da celebración do Día de Europa. O programa comezará a próxima semana e percorrerá os concellos do Grove, Bueu, Pontevedra, A Guarda, Baiona e Vigo.

O Mercado do Progreso de Vigo celebrou este martes a xornada ‘Degusta Europa’, iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra na provincia con motivo do Día de Europa, que se celebra este mércores. O evento ten por obxectivos trasladar a innovación e vangarda gastronómica, da man do alumnado dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra, e poñer en valor os mercados locais elaborando tapas con produtos das rías e da terra inspirados en Europa.

Unha ateigada praza de abastos da Guarda acolleu este xoves a primeira das citas da campaña “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra na que estiveron presentes o deputado de Turismo, Santos Héctor, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba. Ambos coincidiron en subliñar a calidade das preparacións efectuadas polos alumnos e alumnas do centro de Formación Profesional Manuel Antonio, encargados da elaboración e do servizo das diferentes tapas.

gastronomía

ocio

navidad