10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

O enigmático grupo vigués Basanta actuará na VIII edición do Primavera do Cine en Vigo o 4 de maio (23.30 horas), nun concerto que se emprazará en La Iguana Club. A banda, formada por Sol, Azufre, Sal, Tierra y La Santa, os alcumes dos seus cinco compoñentes, ofrecerá un recital cheo de misterio e rock psicodélico combinado con folk, pop, rock e melodías setenteiras cun certo toque indie que suporá o fin de festa antes da gala de clausura do festival e a entrega de premios.

No concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que se celebrará o vindeiro martes 19 de decembro, os instrumentos musicais, as partituras e os acordes compartirán escena cos expertas e expertos no Pergamiño Vindel. O innovador espectáculo, que se desenvolverá a modo de “seminarración musicada”, integrará as intervencións de especialistas no obra de Martín Códax coa música de oito artistas e bandas, baixo da coordinación da gaiteira e pianista Cristina Pato, que exercerá de directora artística do concerto, que comezará ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo.

O goberno de Vigo respalda ao Conservatorio Superior de Música de Vigo na organización deste espectáculo, que reunirá a máis de 250 intérpretes sobre o escenario do Teatro Afundación este venres, 17 de febreiro, ás 20:30 horas.

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no Auditorio Municipal, a partir das 18.00 horas, o seu Concerto Solidario de Nadal. No evento actuarán as corais Stella Maris, Ecos do Castelo, Novos Aires e Os Vagalumes de Chandebrito. A entrada é de balde, pero tendo en conta o fin solidario, o Concello agradece aos asistentes que aporten alimentos non perecedeiros que serán destinados aos Servizos Sociais para que os distribúan entre as familias necesitadas do municipio.

Nigrán festexa este luns 1 de agosto as súas festas patronais de San Fiz, organizadas dende o Concello de Nigrán.

medio ambiente

tráfico

espectáculos