No encontro participaron comerciantes de Navia, Travesas, Calvario, Entorno do Xeral, Zona Náutico, Torrecedeira, Teis, Casco Vello e Bouzas; a Federación Provincial de Comercio; a Federación de Hostalería de Pontevedra, a Asociación Provincial de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra e representantes dos mercados das Travesas, Calvario, Progreso, Teis e Bouzas que amosaron o seu «optimismo e entusiasmo» ante a celebración do Nadal vigués, segundo o alcalde.
Aínda que quedan prazas hoteleiras dispoñibles para todos os días de novembro e decembro, a previsión é moi positiva para as fines de semana.
Caballero informou tamén da sinatura do bando para ordenar a paralización das obras en Vigo durante o Nadal co fin de facilitar a mobilidade no centro da cidade ante a previsión de maior afluencia de persoas e coches.
Establécense dúas zonas diferenciadas na cidade: na menos céntrica que inclúe rúas como Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido, Arquitecto Palacios, Avenida de Castrelos, Portanet, Avenida de Citroën e Circunvalación Oeste ata Bouzas prohíbese a realización de calquera obra ou traballo que afecte á vía pública, desde a medianoite do venres 13 ao sábado 14 de decembro e ata as 8:00 horas do 13 de xaneiro de 2020.
As empresas responsables das obras concluídas deben repoñer o pavimento e a sinalización para permitir a libre circulación de vehículos e persoas retirando casetas, vallas, materiais de obra e maquinaria, colectores de obra, sacos de residuos…
Na zona máis céntrica, que inclúe as rúas Isaac Peral, García Barbón, Alfonso XIII, Lepanto, Gran Vía, María Berdiales, Progreso, Doutor Cadaval, Porta do Sol, Elduayen e Poboadores, a vía pública debe quedar libre de obras e calquera evento que afecte á circulación desde a madrugada do domingo 10 ao luns 11 de novembro, ata as 8 horas do luns 20 de xaneiro de 2020.