07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 7pm

Richard Linklater estreou en 1995 a primeira da chamada triloxía ‘Antes’, protagonizada por dous mozos Julie Delpy e Ethan Hawke. ‘Antes do amencer’ logrou tantos seguidores que o director tivo que darlle continuidade en dúas cintas máis –‘Antes do solpor’ e ‘Antes da medianoite’- nas que as personaxes crecen e os propios actores evolucionan.

"Design for living" é unha longametraxe dirixida por Ernst Lubish que conta o dobre romance dunha muller con dous homes. O famoso “toque Lubish” permititu que este tratamento do “ménage à trois” se saltase a censura da época. O chamado “toque Lubitsch” era unha habilidade que tiña o director alemán para suxerir máis do que amosaba. O obxectivo último era evitar que as súas películas foran censuradas.

"The Misfits", a última longametraxe de Marilyn Monroe e Clark Gable, proxectarase mañá en versión orixinal con subtítulos dentro do Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo. A cinta foi dirixida por John Huston con guión do que fora marido da actriz protagonista, o dramaturgo Arthur Miller.

"Set fire to the stas" pecha este mércores, 7 de decembro, o ciclo Cine e Lingua programado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

Shine, a película que conta a vida do pianista David Helfgott significou o recoñecemento internacional do actor australiano Geoffrey Rush (El discurso del rey, La mejor oferta) que fai unha interpretación que lle levou a gañar o Oscar, entre outros premios. Esta cinta é a próxima cita do Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo, Let´s go to the flicks, que ofrece películas en versión orixinal subtituladas.

medio ambiente

navidad