19062019Mié
Última edición: Mié, 19 Jun 2019 2pm

O doutor Juan José Legarra Calderón vén de asumir a xefatura do servizo de Cirurxía Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) tras a recente xubilación do doutor Gonzalo Pradas. O nomeamento prodúcese en comisión de servizos, en espera da convocatoria da praza e a súa resolución polo procedemento de avaliación colexiada.

Nigrán dispón dun diagnóstico xeral de saúde actualizado da súa poboación. É un estudo pioneiro realizado polo persoal sanitario do Centro de Saúde Val Miñor e supón a actualización doutro traballo inicial, de características similares, que se realizou hai 30 anos.

A I Promoción de Grao de Enxeñeiros Biomédicos xa tiveron a súa primeira interactuación co mundo hospitalario e os seus profesionais sanitarios. Así, veñen de participar nun curso voluntario de soporte vital, onde aprenderon as técnicas básicas dea reanimación cardiopulmonar.

A tese doutoral dun xinecólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo sobre a técnica da Versión Cefálica Externa (VCE) acaba de obter a máxima cualificación académica, sobresaliente cum laude, tras a súa lectura ante o tribunal na Facultade de Medicina de Santiago.

Servir de axuda para coñecer e superar determinados problemas emocionais ou mentais é o obxectivo do programa ‘Biblioterapia, lecturas saudables’ que puxo en marcha a Consellería de Sanidade e que se está desenvolvendo no hospital Álvaro Cunqueiro desde principios de ano.

vigo

obras

festival

sucesos