13112019Mié
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

Tan só foron necesarios catro días para que se esgotaran as cen prazas dispoñibles para participar nunha nova edición da “Cata amateur a cegas da Ruta do Viño Rías Baixas” que se celebrará o 17 de novembro, con motivo do Día Europeo do Enoturismo, no Castelo de Soutomaior. “Un día para poñer en valor os nosos exquisitos viños, o noso produto, a nosa cultura, e tamén para facelo nun espazo tan ideal como é o castelo”, enxalzou Carmela Silva.

Ás nove da mañá de este luns, 29 de abril, abría o prazo de inscrición e, en pouco máis de dúas horas, a Deputación de Pontevedra esgotou as 380 prazas dispoñibles para a nova edición de visitas teatralizadas nos castelos de Soutomaior e de Sobroso. Un total de 80 persoas participarán nas visitas a Sobroso, onde xa hai unha lista de agarda de máis de 100 persoas, e outras 300 farano en Soutomaior ao longo das fins de semana do vindeiro mes de maio e comezos de xuño.

Os castelos de Soutomaior e de Sobroso poñen en marcha unha nova quenda de visitas teatralizadas. Nesta ocasión serán as personaxes da bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha as que permitirán afondar na historia destes dous recintos históricos “de maneira interactiva, innovadora, divertida e estimulante”, segundo explicou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

O Castelo de Soutomaior acolleu este mércores a xornada ‘Muller e Poder’, que encheu de igualdade a fortaleza da man da Escola María Vinyals. Foi un encontro no que participaron diferentes personalidades e que serviu para confirmar a esta escola como un lugar “para reflectir, para formarnos e para que entendamos que o feminismo é a filosofía máis potente nunca creada, baseada nun mundo de igualdade onde todos e todas tiñamos o que nos corresponde”, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que clausurou os actos con estas verbas.

A Deputación de Pontevedra levará a cabo esta próxima fin de semana unha xornada de portas abertas no Castelo de Soutomaior co fin de colaborar co XIX Certame e Exposición da Camelia, organizado polo concello, e de acordo coa ordenanza reguladora do edificio histórico que prevé este tipo de accións cando se trata de actividades relacionadas coa posta en valor do mesmo, da camelia ou dos xardíns.

transporte

sucesos

virales