14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 2pm

A Xunta de Goberno Local adxudicou a reforma dos campos de fútbol de Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma cun importe total de 697.000 euros. O Concello deu o visto e prace para que comecen as obras nas tres instalacións, incluídas no convenio coa Deputación de Pontevedra para once campos e catro pavillóns de deportes.

O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, visitaron este mércores as obras para a dotación de novas infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa.

O alcalde de Vigo avanzou este xoves que o Concello e a Deputación de Pontevedra chegaron a un acordo para renovar dez campos de fútbol de herba sintética e construír catro pavillóns de deportes na cidade.

A Deputación de Pontevedra impulsa un programa de mantemento dos campos de fútbol de herba natural e sintética de toda a provincia coa cesión aos concellos da maquinaria e o persoal necesario para os traballos a desenvolver. Este programa, que contemplase no Plan Estratéxico de Deporte da Deputación, garante así a recuperación destes espazos que, en moitos casos, presentan un estado de conservación deplorable pola falla de previsión do seu mantemento.

Abel Caballero e Carmela Silva asinaron este venres o convenio ampliado entre ambas institucións, case 600.000 euros para remodelar os recintos das Relfas (Sárdoma-Moledo), A Guía, Meixoeiro, A Bouza, Santa Mariña, San Andrés de Comesaña e de Monte da Mina.

transporte

navidad

sucesos