12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

El club de esgrima El Olivo de Vigo consiguió dos bronces y una plata en el Campeonato de España júnior, que se celebró en Madrid el pasado sábado. El equipo masculino acabó tercero, el femenino fue segundo y en categoría individual Pedro Otero se colgó el bronce.

A selección galega infantil feminina logrou este mércores en Castellón o título de campioa de España de seleccións territoriais, nunha xornada espectacular para o balonmán galego, xa que os combinados cadete feminino e xuvenil masculino tamén acadaron o bronce. Ademais, o equipo xuvenil feminino foi quinto, mentres que o infantil masculino e cadete masculino, sextos.

A selección galega infantil feminina ofreceulle un bo agasallo ao balonmán galego. A selección das "pequenas" amosaron ser moi grandes ao derrotar cunha rotundidade impresionante a Cataluña na súa semifinal e logrando o pase á gran final do Campionato de España de seleccións territoriais. Este mércores buscarán o ouro fronte a Valencia (10:45 horas). Pola súa banda, os equipos cadete feminino e xuvenil masculino perderon as súas semifinais e buscarán a terceira posición. As outras tres seleccións gañaron este martes e tentarán acadar a quinta posición no campionato de España. Galicia e Cataluña son as únicas comunidades que meteron aos seus equipos entre os seis primeiros clasificados do Campionato de España que se está a disputar en Castellón estes días.

As seleccións galegas infantil feminina, cadete feminina e xuvenil masculina disputarán este martes as semifinais do Campionato de España de seleccións territoriais, que se está a celebrar este días en Castellón. Este luns celebráronse os cuartos de final e tres combinados galegos lograron de forma meritoria o pase para as semifinais. Os outros tres equipos loitarán pola quinta posición no torneo.

Chegou o momento decisivo para as seleccións galegas no Campionato de España de seleccións territoriais infantil, cadete e xuvenil, que se está a celebrar en Castellón. Este domingo finalizou a primeira fase e os seis combinados galegos lograron o pase aos cuartos, que se disputarán este luns 5 de xaneiro. Na xornada do domingo, resultados regulares para os equipos galegos: so houbo una vitoria (cadete masculino) e un empate (infantil feminino). Así, hai cruces complicados coma os dos cadetes contra Cataluña (tanto masculino coma feminino) ou o xuvenil feminino (fronte a Castela e León), pero todo se decidirá nun partido no que as e os galegos buscarán a vitoria.

sucesos

mar

navidad