16122019Lun
Última edición: Dom, 15 Dic 2019 11pm

“O xoguete é para un neno ou para unha nena?”, “Deixa esa moneca, que é para nenas”, “Saca iso. Non ves que é rosa? É de nenas!”. Contra frases deste tipo que aínda se escoitan en moitos ámbitos da vida diaria loita a campaña que locen desde este martes os autobuses de Vitrasa por Vigo. Co lema “Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero”, a iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra incide na realidade de que os agasallos non teñen xénero.

“Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero”. Ese é o lema da nova campaña da Deputación de Pontevedra para o Nadal, que busca “romper o muro dos prexuízos” para fomentar que as novas xeracións crezan xogando felices e se desenvolvan “de forma igualitaria, inclusiva e respectuosa da diversidade, e ademais de forma non violenta”, en palabras da presidenta Carmela Silva.

El portavoz del grupo municipal del PP de Vigo, Alfonso Marnotes, ha criticado este jueves que  la concesionaria del transporte de Vitrasa, la empresa Avanza, haya pagado la campaña de Navidad de la ciudad en Madrid al mismo tiempo que se está tramitando el reglamento del autobús urbano para poder a continuación lanzar el nuevo concurso público.

O Nadal de Vigo viaxará en autobús por España. Vitrasa promocionará as festas en varios buses urbanos e metropolitanos de nove cidades do territorio nacional. En concreto, trátase de Madrid (2 autocares), Sevilla (2), Valencia (2), Córdoba (1), San Sebastián (1), Zaragoza (1), Segovia (1) e Málaga (2). No ámbito metropolitano tamén haberá catro vehículos en Madrid e dous en Vizcaya. E a liña de longo percorrido entre a cidade olívica e a capital de España ira vinilada con imaxes do Nadal vigués.

O BNG de Vigo criticou con dureza este martes que na campaña publicitaria coa que o Concello vai promocionar o Nadal en Madrid se inclúan soportes cunha imaxe do alcalde. O concelleiro Xabier P. Igrexas expresou “estupefacción e profunda vergoña allea” diante dos anuncios que se instalaron cunha fotografía de grande tamaño de Caballero.

medio ambiente

marítima