07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 11am

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou este martes que ven de formalizar a adquisición de mobiliario dirixido á hospitalización do hospital do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro.

A Federación de Sanidade de CCOO da comarca de Vigo denunciou este martes que o peche de camas previsto para este verán afectará a máis dun 20% das prazas existentes na área sanitaria olívica. 190 delas pertencen ao Meixoeiro, o que supón o 60% do total de camas deste hospital. Ademais, o sindicato asegura total o peche no mes de agosto é de 260.

O Meixoeiro renovará un total de 170 camas e 170 mesillas dos cartos dos pacientes hospitalizados. O Servizo Galego de Saúde informou este luns de que publicou a súa licitación por un importe de 627.385 euros, que será cofinanciado nun 80% cos fondos Feder.

A xunta de persoal da área sanitaria de Vigo convocou unha concentración para este martes 13, ás 11 horas, no Hospital do Meixoeiro. Os traballadores denuncian o peche de camas no hospital "varios meses despois de rematar o verán, e con problemas nas Urxencias en parte por non ter camas libres".

A executiva comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO denunciou este mércores o incumplimento por parte da xerencia do Complexo Hospitalario Univeristario de Vigo (Chuvi) sobre o peche de camas nos centros médicos da cidade.

medio ambiente

navidad