15102019Mar
Última edición: Mar, 15 Oct 2019 3pm

Delegados da CIG no Banco Santander protagonizaron este venres unha intensa xornada de mobilizacións en Vigo para denunciar que a dirección está a usar o ERE para facer unha "purga laboral" de persoal acollido a medidas de conciliación, como a redución de xornada por coidado de menores, ao tempo que rexeita de maneira sistemática moitas das solicitudes de adscrición voluntarias ao ERE presentadas polo persoal de máis de 55 anos.

Delegados da CIG no servizo de transporte sanitario urxente do 061 da área metropolitana de Vigo denuncian que a Xunta está a suplir a escaseza de ambulancias derivada do concurso público contratando a empresas coñecidas por cometer numerosas ilegalidades. A central presentou máis de medio cento de denuncias diante das distintas autoridades competentes sen obter resposta polo momento.

A CIG cargou este martes contra as recentes declaracións do director de PSA Vigo, Ignacio Bueno, nas que adiantaba que esixirá “contención salarial” aos traballadores e criticaba que haxa auxiliares do sector que pagan máis que a empresa da que é responsable. O sindicato contrapón esta petición pública cos “históricos resultados” obtidos polo grupo galo, os “soldos millonarios” que ingresan os seus directivos e os “cuantiosos dividendos” que reparten entre os seus principais accionistas.

A sección sindical da CIG en PSA Vigo acusou á empresa de vulnerar novamente o dereito de conciliación da vida laboral e familiar, xa que o mes pasado volveu a denegarlle a dúas traballadoras a concreción horaria da redución de xornada. Dende a central lembran que se trata dun dereito recollido na normativa vixente, que establece a posibilidade de concretar o horario da redución de xornada atendendo ás necesidades ordinarias de conciliación.

A Unión Comarcal da CIG de Vigo anunciou este venres que fará entrega o vindeiro luns, 2 de setembro, dun escrito dirixido ao delegado da Zona Franca Vigo solicitando unha xuntanza para abordar as problemáticas en materia de seguridade viaria no polígono de Balaídos e os riscos que isto supón para os traballadores.

vigo

economía

economía